GALICIA DOMINOU NA COPA DE ESPAÑA SOBRE 1.000m

5ab529a5ebdeee2caf2312423d91adb3_LGalicia segue a ser unha das comunidades máis fortes nas competicións nacionais, e desta vez volveu demostralo ao conseguir colar nada menos que a 65 palistas nas finais da pasada Copa de España de 1.000m disputada esta fin de semana en Trasona (Asturias). Ningunha outra comunidade puido igualar os resultados galegos, conseguindo 26 metais (19 na categoría senior e 7 na xuvenil), e oito clubs quedaron entre os 20 primeiros.

Na modalidade na que destaca o gran potencial galego é a canoa. Na final do C-1, oito dos nove finalistas eran de equipos galegos, onde Diego Romero, do Breogán do Grove foi o gañador. Na categoría C-2, Romero foi vencedor de novo co grovense Tono Campos. E no C-4, o equipo do Kayak Tudense superou por un tempo moi escaso ao breoganista formado de novo por Tono Campos, Diego Romero, e por Miguel Fernández e Adrián Fernández.

Nesta proba o Breogán acadou a sexta posición, proba que foi vencida polo Kayak Tudense, que lidera a Liga Olímpica de Pista Hernando Calleja tras dúas competicións. Con todo, aínda quedan por celebrarse a Copa de España de 500 e 200m, e o Campionato de España de verán, competicións que terán lugar en Verducido (Pontevedra).