Na recepción celebrada o pasado domingo co secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Xosé Ramón Lete Lasa, rendeuse homenaxe a todos aqueles deportistas que lograron acadar títulos nacionais durante o ano 2014.
Cabe destacar que, de entre todos os deportistas homenaxeados, a gran maioría eran palistas, tres deles os membros do Breogán Tono Campos, Diego Romero e Miguel Fernández. Pero estes dous non foron os únicos membros do Breogán en recibir este recoñecemento. Tamén Jacobo Domínguez, Pedro Areal e Adrián Fernández foron homenaxeados, se ben os seus diplomas foron recollidos polo presidente do Breogán, Félix Lamas.
Outros deportistas homenaxeados foron: Iván Alonso Lage, Alex Bernárdez González, Óscar Carrera Amandi, Jennifer Casal Vidal, Adrián Castiñeiras Troans, Raquel Dacosta Piñeiro, Fabián Domínguez Abuín, Daniel Durán Escaneo, Ramón Ferro Dios, Óscar Graña Blanco, Gabriel Hernández Navarro, Rebecca Laurijssen Busto, Emilio Merchán Alonso, Rubén Millán Rodríguez, Camila Aldana Morison Rey, Carla Pérez Coya, Diego Piña Esteves, Leticia Piña Esteves, Andrea Fátima Porteiro Ocampo, Roi Rodríguez Huertas, Roberto Rodríguez Lechuga, Victor Javier Rodríguez Rodríguez, Raquel Rodriguez Rodriguez, Valeria Romero Gómez, Adrián Sieiro Barreiro, Sergio Vallejo Esperón y Ana Varela Iglesias.