O sábado terá lugar o inicio oficial da tempada de piragüismo, coa celebración en Verducido do Campionato Galego de Inverno, sobre a distancia de 5.000 m.
O programa deste campionato consta de doce regatas, estando prevista a primeira as 9,30 h. coa posta en escea das K-1 muller cadete; sendo a última saída a dos K-1 home senior, as 13,45 h.
O Breogán presentará o seguinte equipo:
– K-1 muller cadete: Antía Naveiro, Ángela Rodríguez.
– K-1 home cadete: Diego Vázquez, Daniel Mourelos, Sergio Outeda.
– C-1 home cadete: Juan Camilo Ortiz.
– K-1 muller senior: Natalia García, Tania Álvarez.
– K-1 home xuvenil: Adrian Otero, Edu da Silva.
– C-1 home senior: Miguel Fernández, Félix Meis, Tono Campos, Diego Romero, Sergio Meis, Jacobo Domínguez.
– K-1 home senior: Yoel Alonso.