DESIGUAL SORTE PARA OS NOSOS CADETES NOS CONTROIS CLASIFICATORIOS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE INVERNO

1531890_1151852921533193_520311718128905072_nNa mañá de hoxe, sábado, comezáronse a celebrar os controis de 2.000 m. que dan o pase para disputar as finais no Campionato de España de Inverno de 5.000 m.

Os primeiros en botarse a auga foron os cadetes, onde os nosos representantes Antía Naveiro e Juan Camilo Ortiz, tiveron sorte desigual.

Antía Naveiro saíu a disputar unha das 30 prazas que daban acceso a estar presente na final da K-1 muller cadete B, entre 54 padexeiras inscritas; pero a sorte non estivo con Antía, que sufriu un volco na saída que a apartou das elixidas para disputar a final desta tarde.

Pola súa banda, Juan Camilo Ortiz non tivo que facer o control clasificatorio, pois para as 30 prazas dispoñibles para os C-1 home cadete B, tan só se inscribiron 22 padexeiros, polo que todos eles estarán presentes na saída da final do Campionato de España da súa categoría que se disputará esta tarde as 17,10 horas. Unha saída conxunta cos C-1 home cadete A e C-1 home cadete B, sendo 60 padexeiros os que disputen esta regata.