A REPRESENTACIÓN XUVENIL MASCULINA DO BREOGÁN NON CONSEGUE CLASIFICARSE PARA AS FINAIS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE INVERNO

1509822_1151918284859990_3320767166059492467_nContinúan chegando resultados obtidos polos nos@s padexeir@s nos controis de 2.000 m. clasificatorios para a disputa das finais no Campionato de España de Inverno que se está a celebrar este fin de semana en Sevilla.

Na categoría K-1 home xuvenil foron un total de 139 palistas inscritos os que loitaron polas  70 prazas que daban paso á final desta categoría no campionato. O nivel amosado nesta categoría foi impresionante, baixando moito os tempos realizados o pasado ano nesta mesma pista.

Os nosos dous representantes, Edu da Silva e Adrian Otero, non conseguiron colarse na final. Edu rematou moi preto de meterse na final ó acabar no posto 75, mentres que Adrian rematou no posto 123.

Dicir que ambos os dous padexeiros son xuvenís de primeiro ano, e a próxima tempada terán unha nova oportunidade para meterse na final deste Campionato na categoría xuvenil.