O BREOGÁN ROZA O PLENO NA CATEGORÍA SENIOR NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE INVERNO

11080955_1151929044858914_6343186439165759565_nA categoría senior, como se esperaba, é o noso forte neste Campionato de España de Inverno, de feito, e a pesar das baixas coas que contabamos, dos nove senior que puxemos en competición, oito clasificáronse para disputar a final nas súas respectivas categorías.

K-1 muller senior

Tania Álvarez foi a nosa representante no K-1 muller senior e, das 74 padexeiras inscritas nesta categoría, meteuse no posto 63º, dentro das 70 prazas que daban o pase á disputa da súa final neste campionato.

C-1 home senior

Sete foron os padexeiros que presentamos na categoría C-1 home senior e sete foron os que acadaron o seu pase para disputar a final desta categoría. Con 77 inscritos, os nosos padexeiros buscaron unha das 70 prazas que daban acceso a disputa da final, logrando os seguintes resultados: Diego Romero (2º), Tono Campos (3º), Adrian Fernández (17º), Pedro Areal (31º), Miguel Fernández (33º), Félix Meis (46º) e Sergio Meis (67º).

K-1 home senior

Na categoría máis complicada para a súa clasificación, con 137 padexeiros inscritos, Yoel Alonso rematou no posto 121º que o deixou lonxe da súa clasificación para disputar a final da categoría.