Miguel Fernández e Pedro Areal colgáronse as primeiras medallas do Breogán no Campionato de España de Inverno, que se disputa este fin de semana en Sevilla.
Miguel Ferndández, foi terceiro e Medalla de Bronce na C-1 home veterano (35-39 anos) e Pedro Areal acabada igual posición no C-1 home veterano (45-49). Estes dous padexeiros estarán mañá disputando a final do C-1 home senior.
Pola súa banda, Rut Otero tomaba parte no K-1 muller veterana (35-39), remantando nunha magnífica 4ª posición.