ELENA NAVEIRO REPITE MEDALLA NOS 500 m.

11270219_1193145294070622_8341635185365593657_oA sorpresa da xornada dounola, Elena Naveiro, que por primeira vez tomaba parte nunha regata na modalidade de paracanoe, volvendo a competir montada nunha piragua despois de moitos anos.

Esta primeira experiencia era como unha toma de contacto de novo coa piragua e, ver como era o tema do paracanoe e, o resultado non puido ser mellor. Pola mañá facíase coa Medalla de Prata no K-1 muller senior LTA nos 200 m.; e pola tarde colgábase outra Medalla de Prata na distancia de 500 m.

Natalia García, que tamén fora Prata nos 200 m, a súa especialidade; non puido facer o mesmo pola tarde nos 500 m., tendo que contentarse co 1º posto na final B.

Antía Rodríguez, no C-1 muller senior, volveu a entrar nos puntos, co oitavo posto que acadou.

Edu da Silva, no K-1 home xuvenil, non puido chegar ata as finais.