No día de hoxe rematáronse as regatas da Copa de España de 200 e 500 m; disputándose na xornada matinal as competición de C-2 e K-2 nas dúas distancias.
O resultado final do Breogán, sen ser bo, foi bastante decente comparado co que se podía agardar por mor das numerosas e importantes baixas que presentou o noso equipo nesta regata.
Este décimo quinto posto púidose acadar grazas a boa actuación das nosas mulleres, que tiveron uns importantes resultados, empezando polas dúas Medallas de Prata de Elena Naveiro Ou a Medalla de Prata de Natalia García que acadou no día de onte. E que no día de hoxe estivo en outras dúas finais, formando o K-2 con Tania Álvarez.
Os resultados no día de hoxe foron os seguintes:
– K-2 muller senior 200 m. Natalia García e Tania Álvarez, 5º
– K-2 muller senior 500 m. Natalia García e Tania Álvarez, 6º
– C-2 home senior 200 m. Diego Naveiro e Adrián Ribademar, 7º na Final B.