SÁBADO CARGADO DE ACTIVIDADE PARA OS PADEXEIR@S DO BREOGÁN

11111600_1196393713745780_6084593434497596851_n@s padexeir@s do Breogán afrontan esta fin de semana un bo número de actividades, destacando o Control Selectivo que lle pode dar o billete ó Mundial a Tono Campos e Diego Romero; a Travesía de As Pontes de C-4 e K-4; ou a 2ª Regata Provincial de Alevíns e Benxamíns.

 CONTROL SELECTIVO

O sábado ás 12 da mañá terá lugar o Control Selectivo de C-2 1.000 m., do que sairá o representante de España no Campionato do Mundo de Pista.

Tono Campos e Diego Romero parten como favoritos neste control, pero terán que loitar moito por ese pase o Mundial, tendo que pelexar con outros dous C-2 galegos, os formados por Adrián Sieiro e José Luís Bouza e o de Sergio Vallejo e Brais Casas.

 TRAVESÍA DE AS PONTES C-4 E K-4

A primeira saída da Travesía de As Pontes está prevista para as 10,30 h. Estando presente Breogán con tres embarcacións:

K-4 home cadete: Daniel Mourelos, Daniel Dopazo, Juan Camilo Ortiz e Sergio Outeda.

C-4 home senior: Adrián Ribademar, Borja Meis, Diego Naveiro, Sami Grigore.

K-4 muller xuvenil: Sara Cacabelos, Antía Naveiro, Ángela Rodríguez e Paula Álvarez.

2ª REGATA PROVINCIAL DE ALEVÍNS E BENXAMÍNS

O río Lérez ó seu paso por Pontevedra, acollerá a 2ª Regata Provincial de Alevíns e Benxamíns.

Breogán presentará o seguinte equipo:

K-1 muller benxamín: Aldara Gorrita, Laura Piñeiro, Sabela Arnoso.
K-1 muller Alevín «B»: Carme Devesa, Lucía Múñiz, Valeria Oliveira e Yolanda Oliveira.
K-1 home alevín «B»: Rubén Otero.
K-1 muller alevín «A»: Carmen Cerviño, Lola Cerviño, Inés Parada, Marta Mourelos, Antía Prieto e Laura Castro.
K-1 home alevín «A»: Juan Mascato.

 CAMPIONATO DE ESPAÑA DE RIOS E TRAVESÍAS

Estaba previsto que o C-2 de Adrián Fernández e Pedro Areal participara esta fin de semana no Campionato de España de Ríos e Travesías; pero unha lesión de Pedro, nunha man, impide que poida tomar parte nesta proba.