Tono Campos e Diego Romero partiron no día de hoxe rumbo a Bakú (Arzeibayan), para participar nos «I Xogos Europeos», nova competición que se crea como unha especie de xogos olímpicos pero só para deportistas de Europa.
Tono e Diego son dous dos oito galegos que forman parte da selección española de piragüismo que tomará parte nesta primeira edición deste evento.
Os dous breoganistas acadaron a súa clasificación para os Xogos Europeos, o pasado ano no Campionato de Europa, onde foron quintos.
A competición de piragüismo iniciarase o domingo e rematará o luns, coa disputa das finais, onde contan estar presentes Tono e Diego, que tomaran parte no C-2 sobre 1.000 m.
MOITA SORTE.