CAMPIONATO GALEGO DE PISTA
O sábado disputarase en Verducido a primeira parte do Campionato Galego de Pista, na que participarán os deportistas en barcos individuais (K-1 e C-1) nas categorías xuveníns, seniors, veteranos e paracanoe.
Breogán presentará o seguinte equipo:
– Adrián Ribademar no C-1 home xuvenil.
– Miguel Fernández, Diego Naveiro e Borja Meis no C-1 home senior.
– Sara Cacabelos en K-1 muller xuvenil.
– Natalia García e Tania Álvarez no K-1 muller senior.
– Antía Rodríguez en C-1 muller senior.
– Rut Otero e Elena Naveiro en K-1 muller veterana.
DESCENSO DO UMIA
O domingo a partires das 17 horas, a piraguas surcarán as augas do Umia, nunha nova edición do descenso que organiza o C.N. O Muiño de Ribadumia.
O equipo que presenta Breogán será o seguinte:
– K-1 home cadete: Daniel Mourelos, Sergio Outeda e Daniel Dopazo.
– C-1 home cadete: Juan Camilo Ortiz.
– K-1 muller cadete: Ángela Rodríguez e Antía Naveiro.
– C-1 home xuvenil: Adrián Ribademar.
– C-1 home senior: Miguel Fernández, Borja Meis e Diego Naveiro.
– K-1 muller senior: Tania Álvarez.