O domingo as 6:17 hora local, catro horas máis en España, terá lugar a primeira semifinal do C-2 1.000 m. dos «Xogos Europeos» que contará coa participación de Tono Campos e Diego Romero.
Dez C-2 son as embarcacións que participarán nesta modalidade de distancia, e que acadaron a súa clasificación no Campionato de Europa do pasado ano; dividíndose en dúas semifinais de cinco participantes.
A primeira semifinal estará composta por:
– Tono Campos-Diego Romero.
– Jaroslav Radon-Filip DVorak (Republica Checa).
– Dmytro Ianchuk-Taras Mishchuk (Ukrania).
– Mateus Kaminski-Michal Kudla (Polonia).
– Andrei Bahdanovich-Aliaksandr Bakdanovich (Bielorusia).
A final disputarase o luns as 6:50 hora local, as 10:50 hora do estado español. MOITA SORTE.