CAMPIONATO GALEGO DE PISTA

Durante o día de hoxe, en xornada de mañá e tarde, disputouse en Verducido a primeira parte (barcos individuais K-1 e C-1) do Campionato Galego de Pista. O vindeiro sábado, e co mesmo escenario, terá lugar a segunda parte deste autonómico de pista, coa loita en barcos de equipo (K-2, C-2, K-4 e C-4).

No día de hoxe destacou a actuación de Natalia García, que se impuxo das dúas distancias do K-1 muller senior, sobre os 500 m. e sobre os 200 m.

Tamén e de destacar a actuación da paracanoe Elena Naveiro, que acadou a primeira posición no K-1 muller paracanoe sobre 200 m., hai que dicir que e a única muller desta modalidade que compite, polo momento, en Galicia. Pero tamén tomou parte no K-1 muller veterana, onde se colgou o Bronce.

Antía Rodríguez, no C-1 muller senior, facíase co quinto posto sobre os 500 m.; mentres que sobre os 200 m. facíase co sexto posto. E Tania Álvarez facíase co quinto posto no K-1 muller senior 200 m.

Outros finalistas foron: Adrián Ribademar, sexto no C-1 home xuvenil  en 200 m.; Borja Meis rematou noveno no C-1 home senior 200 m.; e Simón Díaz, facíase coa cuarta posición no K-1 home veterano.

11393056_1202134069838411_4393270532478346496_n