As medallas de bronce de Miguel Fernández Castro (C-1 home senior) e, a de Adrián Ribademar (C-1 home xuvenil), foi do pouco destacable que acadamos hoxe no Descenso do Umia, onde acabamos con cinco retirados, varias roturas e avarías, algúns golpes e unha pala perdida.
Ademais dos mencionados, lograron chegar á meta, Antía Naveiro no 6º posto e Ángela Rodríguez no 12º en K-1 muller cadete. Pola súa banda, Daniel Mourelos facíase co posto 18º no K-1 home cadete.