CAMPIONATO GALEGO DE PISTA
O sábado, a partir das nove da mañá, o encoro do Pontillón do Castro-Verducido, acollerá a segunda parte do Campionato Galego de Pista que corresponde aos barcos de equipo (K-2, C-2, K-4 e C-4); para as categorías xuvenil e senior; disputándose tamén as regatas das categoría de veteranos.
Para esta regata, Breogán contará coa participación dos seus internacionais: Tono Campos, Diego Romero e Natalia García.
O equipo que presentamos nesta regata será o seguinte:
– Kaiak home xuvenil: Edu da Silva e Adrian Otero, que contarán cos cadetes Sergio Outeda e Daniel Mourelos, para formar o K-4.
– Canoa home senior: Tono Campos, Diego Romero, Diego Naveiro e Miguel Fernández.
– Kaiak muller senior: Natalia García, Rut Otero, Tania Álvarez, Antía Rodríguez e Sara Bravo.
– Kaiak muller xuvenil: Sara Cacabelos que contará coa cadete Antía Naveiro para formar o K-2.
4ª REGATA DA LIGA GALEGA DE INFANTÍS
O domingo terá lugar a cuarta regata da Liga Galega de Infantís, para infantís A e B; que se disputará en Pontesampaio a partir das dez da mañá.
Equipo inscrito:
K-1 muller infantil «B»: Andrea Piñeiro, Lorena Moldes e Lucia Devesa.
C-1 home infantil «B»: Aaron Castro, Adrián Garrido, Borja Lamas e José Couso.
K-1 home infantil «B»: Isaac Gorrita.
K-1 muller infantil «A»: Antía Soutullo, Carmela Eirea, Natalia Romero e Sofia Martínez.
C-1 home infantil «A»: Iván Meis.
K-1 home infantil «A»: Adriaán Agraso, Alan Otero, Alex Domínguez, Alex Oliveira e David Fandiño.