CINCO MEDALLAS NO CAMPIONATO GALEGO DE PISTA DE BARCOS DE EQUIPO

11038686_1206886636029821_7262709562292814789_nCinco foron as medallas que acadaron os nosos deportistas o sábado en Verducido, na disputa da segunda parte do campionato Galego de Pista, dedicado os barcos de equipo: K-2, C-2, K-4 e C-4.

Os nos@s internacionais estiveron presentes en boa parte destas medallas. Así, Tono Campos e Diego Romero, recen chegados dos «I Xogos Europeos» celebrados en Baku, impuxéronse no C-2 home senior 1.000 m; sendo segundos nos 200 m., unha distancia que se lle fai corta as súas características.

Pola súa banda, Natalia García facendo K-2 muller senior con Tania Álvarez, acadaron dúas Medalla de Prata nas distancias de 500 e 200 m.

A quinta medalla foi para o K-4 muller senior 500 m, formado por: Rut Otero, Sara Bravo, Tania Álvarez e Antía Rodríguez; que se fixeron coa Medalla de Bronce.

Outros finalistas neste campionato foron:

-4º posto do C-4 home senior 1.000 m.: Tono Campos, Deigo Romero, Miguel Fernández e Diego Naveiro.
– 7º posto K-2 muller senior 500 m.: Rut Otero e Sara Bravo.
– 1ª posto Final B, K-2 home xuvenil 200 m.; Edu da Silva e Adrian Otero.
– 9º posto K-2 muller senior 200 m.; Rut Otero e Sara Bravo.

10561580_1206886722696479_5289808202337550575_n 11393085_1206886746029810_8894400977446872895_n 10574236_1206886719363146_2767296648916894030_n