O pasado sábado disputouse en Aranjuez a 43 edición do «Raphel del Tajo», que ademais nesta ocasión foi a «II Copa de España de Media Maratón», puntubale para a Liga Nacional de Ríos e Maratón.
O Breogán estivo presente por medio do C-2 home senior que forman Pedro Areal e Adrián Fernández, que nos dezaseis quilómetros de percorrido e soportando 35 graos de calor, fixeron unha gran demostración batendo o record do río na súa modalidade. O tempo realizado foi de 1:20:52:660, superando en preto de nove minutos ós segundos clasificados.