Ata tres frontes terá o equipo de piragüismo esta fin de semana, o equipo de infantís acudirá a Zamora á «Copa de España de Jóvenes Promesas Infantiles 3.000 m.». Os equipos de cadetes, xuvenís e senior; acudirán o sábado o Descenso do Miño de Ourense, e tamén teremos representación no «42º Descenso Ibérico del Duero» (Zamora).
«COPA DE ESPAÑA DE JÓVENES PROMESAS INFANTILES 3.000 m.»
O equipo de infantís desprazase mañá venres a Zamora, onde disputará a «Copa de Espàña de Jóvenes Promesas Infantiles 3.000 m.»
Esta regata disputarase o sábado, onde na xornada de mañá disputaranse as regatas en embarcacións individuais (K-1 e C-1), e durante a tarde competirán nos barcos dobres (K-2 e C-2).
@s deportistas que se desprazan a esta regata son:
– Kaiakistas muller Infantil «B»: Lucia Devesa, Lorena Moldes e Andrea Piñeiro.
– Kaiakistas home infantil «B»: Isaac Gorrita.
– Kaikistas muller infantil «A»: Sofía Martinez, Antía Soutullo, Natalia Romero e Carmela Eirea.
– Canoista home infantil «A»: Iván Meis.
– Canoistas home infnatil «B»: José Couso, Borja Lamas e Aaron Castro.
– Kaikistas home infantil «A»: Adrian Agraso, david Fandiño, Alez Oliveira, Alex Domínguez e Alan Otero.
DESCENSO DO MIÑO DE OURENSE
Na tarde do sábado, a partir das cinco da tarde, celebrarase unha nova edición do Descenso do Miño de Ourense, onde Breogán presentará o seguinte equipo:
K-1 muller cadete: Ángela Rodríguez e Antía Naveiro.
C-1 home cadete: Juan Camilo Ortíz.
C-1 home xuvenil: Adrian Ribademar.
C-1 home senior: Miguel Fernández e Diego Naveiro.
C-1 muller senior: Antía Rodríguez.
K-1 muller xuvenil: Sara Cacabelos.
K-2 home cadete: Daniel Mourelos-Sergio Outeda.
K-2 home xuvenil: Edu da Silva-Adrian Otero.
«42ª DESCENSO IBÉRICO DEL DUERO»
O domingo disputase o «Descenso Ibérico del Duero», que partirá dende a localidade zamorana de Fresno de La Rivera. E que contará coa presenza do Breogán, que estará representado polo C-2 home senior de Pedro Areal e Adrian Fernández.