NATALIA GARCIA, CÓLGASE DÚAS MEDALLAS NO PRIMEIRO DÍA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PISTA

Á Medalla de Ouro acadada por Diego Romero no C-1 home senior 1.000 m., hai que sumar as dúas que gañou Natalaia García na categoría Sub 23.

Pola mañá, Natalia remou no K-1 muller senior acabando a regata da final A na quinta posición absoluta; pero ó mesmo tempo premiase con medallas ós deportistas de categoría Sub 23 mellor clasificados nesta regata; sendo Natalia a primeira Sub 23 desta final, polo que se fixo acreedora da Medalla de Ouro do K-1 muller sub 23 1.000 m.

Na xornada de tarde, Natalia participou no K-1 muller senior 500 m., chegando de novo ata a final, onde rematou na cuarta posición xeral, por detrás de Eva Barrios (Deportivo Durius), Alicicia Heredia (RCN Palma) e Laura Pedruelo (Piragüismo Duero).

Nesta regata tamén foron premiadas as deportistas da categoría Sub 23, entre as que Natalia foi segunda, colgándose a Medalla de Prata do K-1 muller Sub 23 500 m.

Rematado o primeiro día de competición deste Campionato, o Breogán ocupa o posto 16º por clubs, cun total de 95 puntos.

Mañá sábado, en xornada de mañá e tarde, disputaranse os K-2, K-4, C-2 e C-4 sobre as distancias de 500 e 1.000 m.

11201864_1217450091640142_7851811429245760182_n