No día de hoxe, disputouse en Narón o Campionato Galego de Alevíns e Benxamíns, única regata a nivel autonómico que se disputa para estas categorías.
O Breogán inscribiu vinte deportistas para esta regata, pero como é habitual nestas idades, houbo bastantes baixas e só competiron un total de 12 padexeir@s, que foron quen de acadar o cuarto posto por clubs.
O resultado máis destacable foi o Subcampionato Galego colleitado por Carme Devesa no K-1 muller alevín «B».
K-1 HOME ALEVÍN «B».
Rubén Otero, 41º
K-1 MULLER ALEVÍN «A».
Marta Mourelos, 12º
Carmen Cerviño, 21º
Lola Cerviño, 22º
Andrea Fieras, 25º
Lidia Riveiro, 29º
Inés Parada, 32º
K-1 MULLER ALEVIN «B».
Carme Devesa, 2º
Valeria Oliveira, 17º
Yolanda Oliveira 20º
K-1 MULLER BENXAMÍN.
Aldara Gorrita, 5º
Laura Piñeiro, 8º