OURO E PRATA NA XORNADA DE TARDE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PISTA

A xornada de tarde deste sábado, aportou outras dúas preseas ós nosos padexeiros. O C-2 home senior 500 m., de Tono Campos e Diego Romero, proclamáronse Campións de España facéndose acreedores da Medalla de Ouro.

Pola súa parte, o C-4 home senior 500 m., formado por Tono Campos, Diego Romero, Miguel Fernández e Adrián Fernández, non puido repetir o primeiro posto acadado pola mañá no 1.000 m., pero si se colgou a Medalla de Prata, proclamándose Subcampións de España nesta modalidade e distancia.

Natalia García e Tania Álvarez tamén tiveron unha boa actuación, pero quedaron a un posto do podio, tras rematar cuartas no K-2 muller senior 500 m.

Tamén foron finalistas na tarde de hoxe, o C-2 home senior 500 m. de Miguel Fernández e Adrián Fernández, que acadaron o primiero posto na Final B.

Edu da Silva e Adrián Otero metéronse na Final B do K-2 home xuvenil 500 m., onde remataron na octava posición.

11698959_1218067738245044_8169147482143983238_o