
Rozando as medallas quedouse o C-4 home senior na distancia dos 200 m., tripulado por Tono Campos, Diego Romero, Tino Rodríguez e Diego Naveiro.
Natalia García, xunto con Tania Rodríguez, acadaron o sétimo posto no K-2 muller senior 200 m.
No C-2 home senior 200 m., Miguel Fernández e Adrián Fernández, fixéronse coa oitava posición. Mentres que Antia Rodríguez, no C-1 muller senior, remataba no noveno posto.
Tono Campos, nunha distancia que non é a máis axeitada ás súas caracteristicas, gañou a final B do C-.1 home senior.