DIEGO ROMERO GAÑA O POSTO PARA PARTICIPAR NO C-1 1.000 M. NO MUNDIAL

11753653_1222932684425216_1675043357219841154_nHoxe pola mañá tivo lugar en Verducido o Control Selectivo que decidía quen sería o padexeiro que remaría o C-1 1.000 m. no Campionato do Mundo de Pista.

Cinco foron os competidores que se presentaron a esta cita, os cinco palistas galegos, onde finalmente se impuxo Diego Romero nun apretado final con André Oliveira (Firrete), que entraron cunha diferencia de menos de medio segundo; os demais padexeiros entraron na meta cunha diferenza importante.

Desta forma Diego clasificouse para a disputa do C-1, e tamén o está para o C-2 que forma con Tono Campos.

Resultados e tempos do Control Selectivo:
1º- Diego Romero (Breogán) 4:16,520
2º- André Oliveira (Firrete) 4:16,840
3º- Brais Casas (Tudense) 4.23,330
4º- Sergio Vallejo (P.Poio) 4:32, 430
5º- José Luís Bouza (Tudense) 5:01,910