Montemor o Velho (Portugal) acolleu no día de hoxe a segunda xornada do Campionato do Mundo Master de Velocidade. Si no día de onte se disputaron as regatas sobre a distancia de 200 m., hoxe reservouse para as regatas de 2.000 m.
E logo do gran día que tivo onte Rut Otero colgándose ata catro medallas (1 de ouro, 2 de prata e 1 de bronce), hoxe non ía ser menos.
Na xornada de hoxe, Rut volveu a facerse con varias medallas sobre a distancia de 2.000 m.; no K-2 muller, proclamouse Campiona do Mundo; logo volveu a colgarse outras dúas Medallas de Prata no K-4 muller e no K-4 mixto. Tamén remou noutra regata, o K-2 mixto, onde rematou no 5º posto.
Gran resultado o colleitado por Rut nesta primeira edición do Campionato do Mundo Master (veteranos) de Velocidade, cun total de:
– DOUS TÍTULOS DE CAMPIONA DO MUNDO.
– CATRO TÍTULOS DE SUBCAMPIONA DO MUNDO.
– UNHA MEDALLA DE BRONCE.
NORABOA RUT, É UN ORGULLO TER PERSOAS E DEPORTISTAS COMA TI NO BREOGÁN.