Oito deportistas do Breogán desprazáronse esta madrugada para disputar a LIII REGATA INTERNACIONAL «SANABRIA 2015», que tivo lugar en terras zamoranas.
Miguel Fernández e Adrián Fernández impuxéronse no C-2 home senior; mentres que estes dous deportistas, xunto con Tino Rodríguez e Diego Naveiro, tamén competiron no C-4 home senior onde acadaron o 2º posto.
Tino Rodríguez participou no C-1 home senior, regata que rematou na 4ª posición; posto que tamén acadou Diego Naveiro no C-1 Sub 23.
Tamén participaron nesta regata, dúas K-2 cadetes, unha de homes (Daniel Mourelos e Sergio Outeda) e outra de mulleres (Antía Naveiro e Ángela Rodríguez), ambas as dúas ocuparon a 5ª posición nas súas categorías.