NATALIA GARCÍA NO CAMPIONATO DO MUNDO JUNIOR E SUB 23

A partir de mañá, e ata o domingo, Montemor o Velho (Portugal) acollerá o Campionato do Mundo de Pista para Xuvenís e Sub 23.

O Breogán de O Grove estará de novo representado nesta cita mundialista, da man da padexeira Natalia García, que formará parte do K-4 muller Sub 23 na distancia de 500 m., onde tamén estará outra galega, Tania Fernández (Fluvial de Lugo).

Natalia incorporouse o 22 de xuño, no CEAR La Cartuja de Sevilla, á concentración de kaiak feminino Sub 23, preparatoria para este Campionato do Mundo que se celebra en terras portuguesas.

A pasada semana, neste mesmo escenario, Rut Otero faciase con sete medallas no I Campionato do Mundo Master de Velocidade. Agardamos que Natalia teña a mesma fortuna e poida estar na loita polas medallas.

DESEXÁMOSLLE MOITA SORTE Á NOSA DEPORTISTA NESTA CITA MUNDIALISTA.

11694792_1216910578360760_7702188461056518269_n