NATALIA GARCÍA PASA DIRECTAMENTE Á FINAL DO CAMPIONATO DO MUNDO DE PISTA XUVENIL E SUB 23

Natalia García, Sara Ouzande, Tania Fernández e Mirian Vega participaron na 2ª eliminatoria do K-4 muller Sub 23 sobre 500 m. no Campionato do Mundo de Pista Xuvenil e Sub 23, que se está a disputar en Montelmor o Velho-Portugal.

Nunha regata moi igualada, na que se poñía en xogo o pase directo á Final (os tres primeiros clasificados); o equipo español meteuse na segunda posición, só superadas polas alemás.

Como mostra da igualdade amosada nesta regata, baste dicir que o K-4 no que ía Natalia, fixo un tempo 1:40.040; entrando terceiras as canadenses, cuartas as rusas e quintas as danesas estas con un tempo de 1:40:528. É dicir, entraron os catro K-4 (do 2º ata o 5º) en menos de medio segundo.

O sábado ás 10:41 (hora portuguesa) disputarase a gran final do K-4 muller Sub 23 sobre os 500 m., onde a orde de saída por calles será o seguinte:

1.- No Zelanda.
2.- Canadá.
3.- Romanía.
4.- Alemaña.
5.- Hungría.
6.- España.
7.- Australia.
8.- Polonia.
9.- Dinamarca.

A empresa é moi dificil, pero o equipo do que forma parte Natalia García, deberá apurar todas as súas posibilidades para loitar por unha medalla.

MOITA SORTE.

11717420_1225534277498390_6761765738236447399_o