Esta fin de semana, os nosos deportistas estarán presentes en varias probas:
– I Trofeo Princesa de Asturias (Aldán)
– Campionato Galego de Kaiak de Mar (Cabanas)
– 79º Descenso Internacional do Sella (Arriondas- Ribadesella – Asturias)
– IX Regata Internacional de Villaviciosa (Villaviciosa – Asturias)
I Trofeo Princesa de Asturias (Aldán)
O sábado 8 de agosto, a partir das 17.00h celebrarase o I Trofeo Princesa de Asturias en Aldán (Cangas). Á proba, que se celebra para deportistas de categoría cadete, xuvenil, senior e veterano, asistirá o K-4 masculino xuvenil formado por Adrián Otero, Daniel Mourelos, Daniel Dopazo e Juan Camilo Ortiz, que competirán sobre os 12.000m da proba.
Campionato Galego de Kaiak de Mar (Cabanas)
O domingo teremos dobre proba en Cabanas, coa disputa pola mañá do Campionato Galego de Kaiak de Mar para categoría infantil, e da II Copa Sipre Liga Galega Kaiak de Mar Campionato Galego pola tarde.
A partir das 11.30h sairán a escena os palistas infantís, entre os que estarán tres deportistas do Breogán: Isaac Gorrita na categoría home infantil K-1, e Sofía Martínez e Natalia Romero na categoría muller infantil K-1.
Pola tarde, a partir das 16.30h, disputarase a II Copa Sipre Liga Galega Kaiak de Mar, ou o que é o mesmo, o Campionato Galego, para as categorías cadete xuvenil, senior e veterano. Nest aproba estarán 6 deportistas do noso club, participando en diferentes categorías:
– Home cadete K-1:
Daniel Dopazo
Juan Camilo Ortiz
Daniel Mourelos
– Home veterano K-1 tradicional
Simón Díaz
Eduardo José Álvarez
– Muller cadete K-1
Antía Naveiro e Ángela Rodríguez
79º Descenso Internacional do Sella e IX Regata Internacional de Villaviciosa (Asturias)
O noso club tamén contará con representación en dúas regatas de ámbito internacional que se celebrarán en Asturias durante a fin de semana. O noso palista Miguel Fernández estará o sábado no 79º Descenso Internacional do Río Sella, formando o C-2 con Óscar Graña, do Kaiak Tudense. este tándem participará tamén o domingo na categoría de C-2 na disputa da IX Regata Internacional de Villaviciosa.