«CASTRO» VENCE DE NOVO NO SELLA

11856329_1234703353248149_2703491855462153738_oHoxe celebrouse a 79ª edición do Descenso Internacional do Sella, entre Arriondas e Ribadesella (Asturias).

O Breogán estivo representado por Miguel Fernández Castro, que formou C-2 senior con Óscar Graña (Kayak Tudense) e participando como Selección Galega. «Castro» e Graña proclamáronse Campións do Sella 2015 na súa categoría.

«Castro» xa é un habitual do Descenso do Sella, levando máis de 15 anos acudindo a esta cita (principalmente de festa). Pero nos últimos anos ven participando máis en serio na regata e nos últimos catro consigueu un 4º posto, un 3º posto e dous primeiros postos consecutivos. O pasado ano gañou o C-2 senior acompañado de Adrián Fernández Lameiro e, o da edición deste ano na que se impuxo acompañado de Óscar Graña.

Mañá, Miguel e Óscar seguirán competindo por terras asturiasnas, e estarán presentes na IX Regata Internacional de Villaviciosa.