«CASTRO» TAMÉN GAÑA EN VILLAVICIOSA

11807526_1235369133181571_7063479353863768210_oMiguel Fernández Castro (Breogán do Grove) e Óscar Graña (Kayak Tudense), remando como Selección Galega, no día de onte impoñíanse no C-2 home senior da 79º edición do Descenso Internacional do Sella; entre Arriondas e Rivadesella.

No día de hoxe, «Castro» e Graña volveron a disputar unha regata en terras asturianas, nesta ocasión, a IX Regata Internacional de Villaviciosa, onde de novo volveron a impoñerse na categoría C-2 home senior, cun amplo marxe, pois sacaron máis de catro minutos de vantaxe sobre a embarcación clasificada na segunda posición, o C-2 da Selección de Asturias.