O domingo tivemos a un grupo de 6 palistas disputando o Campionato Galego de kaiak de Mar (6ª regata da II Copa Sipre Liga Galega de Kaiak de Mar). Entre os postos acadados, destaca a segunda posición de Daniel Mourelos na categoría K-1 home cadete, e a segunda posición de Antía Naveiro e Ángela Rodríguez no K-1 muller cadete.
Os resultados acadados polos nosos palistas foron:
– Home cadete K-1:
2º Daniel Mourelos
7º Juan Camilo Ortiz
17º Daniel Dopazo
– Home veterano K-1 tradicional
4º Simón Díaz
12º Eduardo José Álvarez
– Muller cadete K-2
2º Antía Naveiro e Ángela Rodríguez
Grazas aos resultados dos seus deportistas, o Breogán acadou unha putnuación de 67 puntos, que lle valeron para conseguir a novena posición, nunha proba que venceu o C.P. Cambados con 440 puntos.