ACTIVIDADE DO PIRAGÜISMO BREOGÁN PARA A FIN DE SEMANA

Esta fin de semana teremos de novo bastante actividade, comezando xa o venres por terras palentinas, continuaremos surcando as augas do Miño e remataremos o domingo en Verducido.

50º ANIVERSARIO DA REGATA INTERNACIONAL DEL CARRIÓN

A pasada semana, Miguel Fernández Castro facía da súa participación nas regatas celebradas en Asturias (Sella e Villaviciosa) sendos triunfos. Esta fin de semana estará por terras palentinas e comenzará o seu periplo mañá, venres, na disputa do 50º Aniversario da Regata Internacional del Carrión, en Velilla del Carrión (Palencia).

51º DESCENSO INTERNACIONAL DEL PISUERGA

O sábado, «Castro» seguirá competindo por Palencia, nesta ocasión no 51º Descenso Internacional do Pisuerga, en Alar de Rey.

XLIV DESCENSO INTERNACIONAL DEL RÍO MIÑO (TUI)

11879066_1237552239629927_3664503529131100477_oO sábado as 18,30 h. terá lugar a saída dunha nova edición do Descenso Internacional do Miño, no que o Breogán presentará o seguinte equipo:

K-1 home xuvenil: Adrián Otero
K-1 home cadete: Daniel Mourelos e Daniel Dopazo
C-1 home cadete: Juan Camilo Ortiz
K-1 muller xuvenil: Sara Cacabelos
K-2 muller cadete: Antía Naveiro-Ángela Rodríguez
K-1 muller veterana: Elena Naveiro

REGATA AMISTOSA DE INFANTÍS

O domingo o encoro de Verducido, acollerá unha regata de infantís en embarcacións dobres, organizada pola Federación Galega de PIragüismo de cara a ampliar a actividade nestas categorías no mes de agosto.

Breogán inscribiu un equipo formado por 20 deportistas:

K-2 muller infantil «B»: Lucía Devesa-Lorena Moldes
K-2 muller infantil «A»: Marta López-Carmela Eirea e Natalia Barreiro-Sofía Martínez
K-2 home infantil «B»: José Couso-Manuel Díaz
C-2 home infantil «A»: Iván Meis-Alan Otero
C-2 home infantil «B»: Borja Lamas-Aarón Castro
K-2 mixto infantil «A»: Adrián Garrido-Aitana Arnoso
K-2 home infantil «A»: Adrián Agraso-Jorge Luengo; David López-David Fandiño e Isaac Gorrita-Alex Oliveira