ADRIÁN FERNÁNDEZ LAMEIRO, OURO, E MIGUEL FERNÁNDEZ CASTRO, BRONCE, NO PISUERGA

No día de onte, Adrián Fernández Lameiro e Miguel Fernández Castro facíanse co primeiro e segundo posto no 50 aniversario da «Regata Internacional del Carrión», en Velilla del Carrión (Palencia).

No día de hoxe, tomaron parte na 51 edición do «Descenso Internacional del Pisuerga» en Alar de Rey, tamén en terras palentinas.

No desenvolvemento da regata parecía que os nosos padexeiros ían a repetir os postos do día anterior, pero un volco na última presa fixo que Castro perdese un posto diante de Diego Suárez (Ribadesella), polo que finalmente foi terceiro. Mentres, Adrián Fernández, impoñíase na regata.

11904641_1238941932824291_4638013403975175526_n 11875076_1238942102824274_4256367774155258282_o