UN OURO E DÚAS PRATAS NA REGATA AMIGABLE DE INFANTÍS DE VERDUCIDO

Na mañá do domingo celebrouse no encoro do Pontillón do Castro-Verducido, unha regata amigable para categorías infantís, en barcos dobres (K-2 e C-2).

O Breogán acadou un total de tres medallas; na categoría K-2 muller infantil «B» impuxéronse Lucía Devesa e Lorena Moldes.

Borja Lamas e Aarón Castro colgáronse a Medalla de Bronce no C-2 home infantil «B»; e o mesmo metal foi para Natalia Romero e David Fandiño no K-2 mixto infantil «A».

Outros resultados destacados foron: o cuarto posto do C-2 home infantil «A» de Iván Meis e Alan Otero; ou o sexto do K-2 home infantil «A».

11873412_1239676409417510_1308769720346708294_n 11866477_1239676562750828_1638127370018695076_n 11863437_1239676739417477_1446402025630182462_n