Os padexeiros do Breogán do Grove, Tono Campos e Diego Romero, parten hoxe cara Milán (Italia) para participar na súa cita máis importante do ano, o CAMPIONATO DO MUNDO DE PISTA.
Tono e Diego afrontan a moi dificil tarefa de buscar un billete para os Xogos Olímpicos de Río 2016, para o que deberían quedar entre os seis primeiros clasificados do mundial.
Participarán en dúas regatas de modalidade olímpica; xuntos formarán o C-2 sobre os 1.000 m., e Diego Romero tamén tomará parte no C-1 nos 1.000 m. Ademais, Tono Campos participará no C-1 nos 5.000 m.
A dificultade é moita, pero desexámoslle MOITA SORTE a ambos os dous deportistas.