ACTIVIDADE PARA A FIN DE SEMANA

11896201_1239530979432053_3023931257229888156_nEsta fin de semana, ademais de contar con Tono Campos e Diego Romero no Mundial de Piragüismo de Milán, os nosos padexeir@s estarán presentes en dúas probas máis: a 4ª regata provincial de alevín e benxamíns na Illa de Arousa, e o XXX Descenso do Tambre en Ames.

4ª regata provincial de alevíns e benxamíns

O sábado, a partir das 11.00h, celebrarase na Illa de Arousa a 4ª regata da liga provincial para as categorías base, alevín e benxamín. Para esta proba, o Breogán contará con nada menos que 32 deportistas. O equipo do club grovense de piragüismo estará composto por:

– Muller benxamín K-1: Abigail Devesa, Aldara Gorrita, Amanda Prol, Aranzazu Varela, Cira Otero, Laura Piñeiro e Laura Otero.
– Home benxamín K-1: Brais Martínez, Eloy Fernández, Gabriel Fernández, Lucas Fernández e Nacho Alfonso.
– Muller alevín B K-1: Carmen Devesa, Sheila Rodríguez, Valeria Oliveira e Yolanda Oliveira.
– Home alevín B K-1: Ramiro García e Rubén Otero.
– Muller alevín A K-1: Antía Prieto, Carmen Cerviño, Inés Parada, Laura Castro, Lidia Riveiro, Lola Cerviño e Marta Mourelos.
– Home alevín A K-1: Ángel Fernández, Anxo Pérez, Juan Mascato, Luís Sanmamed, Manuel Rodríguez, Martín Prieto e Noel Sanmamed.

XXX Descenso do Tambre

O domingo, día 23 de agosto, a partir das 12.30h celebrarase o XXX Descenso do Tambre en Ames, onde contaremos tamén con representación, malia que desta vez escasa. Será grazas á participación do palista C-1 senior Celestino Rodríguez, que participará nesta regata amigable.