Hoxe pola mañá celebrouse unha parte da 4ª Regata Provincial de Alevíns e Benxamíns na Illa de Arousa, pois o tempo non permitiu que se puideran celebrar todas as regatas desta competición. As regatas de benxamíns e alevíns «B», si se celebraron malia que o tempo non era o mellor; pero chegados as regatas das categorias alevín «A» (homes e mulleres) debido ó empeoramento do tempo, decidiuse suspender a celebración do resto da competición.
Entre as regatas que se celebraron temos que destacar a colleita de dúas medallas polos nosos deportistas: Carme Devesa volveu a impoñerse no K-1 muller alevín «B», colgándose a Medalla de Ouro. Mentres que na categoria K-1 muller benxamín, Laura Piñeiro colgábase a Medalla de Bronce.