O sábado disputouse en Aldán o I Trofeo Princesa de Asturias de Piragüismo, onde o Breogán presentou dúas embarcacións: 1 C-4 home senior e 1 K-4 home xuvenil.
O C-4 home senior formado por: Tono Campos, Diego Romero, Miguel Fernández e Cristian Ribademar; impuxéronse con claridade (superaron en preto de dous minutos e medio o segundo clasificado) na súa categoría.
Mentras o K-4 home xuvenil tamén realizou unha boa actuación ó rematar na quinta posición. Esta K-4 iba tripulado por dous padexeiros de categoría xuvenil: Edu da Silva e Adrián Otero; e por dous de categoría cadete: Daniel Mourelos e Juan Camilo Ortiz.