TONO CAMPOS RUMBO A HUNGRIA

No día de onte,  Tono Campos partiu, dende o aeroporto de Vigo rumbo a Gyor (HungrÍa), para participar no Campionato do Mundo de Maratón.

Tono, un dos grandes especialistas mundiais nesta disciplina con dez medallas ó lombo, marchou xunto o seu adestrador, José Luís Otero Padín, e outros padexeiros galegos que tamén participarán neste campionato.

Vai a participar no C-1, categoría na que é o actual Campión do Mundo, e ademais tamén tomará parte, xunto a José Manuel Sánchez (do club Ría de Betanzos) na proba do C-2, onde son os actuais Subcampións do Mundo.

Tono, despois do logro de acadar o Subcampionato do Mundo no C-1 5.000 m., chega a este novo campionato en boa forma e coa intención de loitar polas medallas. MOITA SORTE.

11062552_1254244261294058_1258095125584111121_n