Onte douse esta curiosa imaxen no Pavillón de Deportes Náuticos “Tono Campos”, de compartir espazo dous deportes tan diferentes como o xadrez e o piragüismo.
Algúns dos membros da Escola de Xadrez de Breogán, baixo a dirección de José Manuel Alvarez, dado o “forno” que é a aula do pavillón cando da o sol; buscaron un lugar máis fresco para realizar a súa actividade, polo que se trasladaron a zona da balsa.
Mentras e o mesmo tempo, a balsa estaba sendo usada por componentes do segundo grupo do venres a tarde, dos equipos de base de piragüismo do Breogán; porque o vento facía complicado baixar a auga. Sendo controlados por Borja Lamas.
Querendo todo se pode facer, o importante e facilitar e manter a actividade os nosos nenos e nenas.
#camiñoaorespecto #GaliciaSaudable #Abanca #igualdadenarede #NON #fundaciondeportegalego #deputaciónpontevedra #concellodogrove #xacobeo2122