BOS RESULTADOS D@S CADETES DO BREOGÁN DO GROVE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MEDIA MARATÓN. LARA REMIGIO MEDALLA DE BRONCE

Na mañán de hoxe sábado, disputouse no Complexo Turístico Deportivo O Corgo en Muiños (Ourense), a primeira xornada do IV Campionato de España de Media Maratón.

Nesta primeira xornada participaron sete deportistas cadetes do Breogán do Grove que tiveron unha boa actuación, sendo para todos eles o primeiro ano da categoria. Destacando entre os resultados a Medalla de Bronce de Lara Remigio no C-1 muller cadete.

Resultados:

– C-1 muller cadete: Lara Remigio, Medalla de Bronce

– K-1 muller cadete: Alba Rey, 29º

– C-1 home cadete: Jaser Antonio Silva, 7º

– C-2 home cadete: Alex Barreiro- Jairo Barral, 4º e Xian Gondar-Pepe López, 5º.

Na xornada de mañán domingo, será o turno das participacións de:

– C-2 home senior: Tono Campos-Diego Romero.

– K-1 muller sub 23: Marta Mourelos.

Mentras que Tania Alvarez non participará o ser baixa de última hora.

#camiñoaorespecto #GaliciaSaudable #Abanca #igualdadenarede #NON #fundaciondeportegalego #deputaciónpontevedra #concellodogrove #xacobeo2122