Esta fin de semana disputouse no Complexo Turístico Deportivo O Corgo en Muiños (Ourense), o IV Campionato de España de Media Maratón.
Hoxe na segunda xornada do Campionato, o C-2 que forman Tono Campos e Diego Romero fixeronse con un novo título de Campións de España o impoñerse con autoridade.

Mentras que Marta Mourelos no seu primeiro ano como Sub 23, fixose coa cuarta posición no K-1.


Na xornada de onte participaron sete deportistas cadetes do Breogán do Grove que tiveron unha boa actuación, sendo para todos eles o primeiro ano da categoria. Destacando entre os resultados a Medalla de Bronce de Lara Remigio no C-1 muller cadete.

Resultados:
– C-1 muller cadete: Lara Remigio, Medalla de Bronce
– K-1 muller cadete: Alba Rey, 29º
– C-1 home cadete: Jaser Antonio Silva, 7º
– C-2 home cadete: Alex Barreiro- Jairo Barral, 4º e Xian Gondar-Pepe López, 5º.
Con só sete barcos en competición, o Breogán do Grove rematou na décimo terceira posición.
#camiñoaorespecto #GaliciaSaudable #Abanca #igualdadenarede #NON #fundaciondeportegalego #deputaciónpontevedra #concellodogrove #xacobeo2122
