“CENTOLAS” e “CENTOLOS” POR VERDUCIDO

Estes dous últimos fins de semana, puderonse ollar “centolas” e “centolos” no Complexo Deportivo David Cal de Verducido.

Xa que as componentes do “Centolas Dragón Team”, e algúns dos componentes do equipo dos “Centolos”, aproveitaron para facer adestramentos nesta pista de cara a próxima celebración da Regata Nacional de Dragón na distancia de 500 m. Competición que se vai a disputar neste encoro de Verducido os días 25 e 26 de xuño.

Tod@s os componentes dos ámbolos dous equipos, son de categoría veterano e cada día van a máis coa intención de facer unha actividade deportiva que fai grupo e, o mesmo tempo, realizar unha boa actuación cando se presenten nalgunha competición.

E como temos tempo para todo, o sábado tiveron tempo para festexar e felicitar a unha das centolas polo seu cumpreanos. Parabéns Cris.

O noso agradecemento os compañeiros de Amegrove C.R., que nos facilitaron o remolque para poder desprazar o dragón.

#camiñoaorespecto #GaliciaSaudable #Abanca #igualdadenarede #NON #fundaciondeportegalego #deputaciónpontevedra #concellodogrove #xacobeo2122