Boa actuación dos nosos cadetes no 53º Descenso Internacional do Miño de Ourense, disputado o domingo 12 de xuño.
A nivel indiviual destacou a Medalla de Ouro de Lara Remigo no C-1 muller cadete, así como a Medalla de Prata acadada por Pepe López e Jairo Barral no C-2 home cadete.
Moi preto da medalla, na cuarta posición remataron, Antonio Silva (C-1 home cadete) e Xian Gondar con Alex Barreiro (C-2 home cadete).
Completaron a nosa “expedición”, Mateo Feijoo 7º no C-1 home cadete e Alba Rey no K-1 muller cadete.
Unha vez máis agradecemos a Miguel Otero “Mas” a súa colaboración para poder asistir a esta regata.
#camiñoaorespecto #GaliciaSaudable #Abanca #igualdadenarede #NON #fundaciondeportegalego #deputaciónpontevedra #concellodogrove #xacobeo2122