GRAN ACTIVIDADE DO BREOGAN DO GROVE ESTA FIN DE SEMANA CAMPIONATO DE EUROPA SPRINT XUVENIL E SUB 23 II COPA DE ESPAÑA DE BARCO DRAGÓN I TROFEO CONCELLO DE OUTES

Esta fin de semana @s padeir@s do Breogán do Grove afrontan varios frontes, estando representados no Campionato de Europa Sprint Xuvenil e Sub 23, na II Copa de España de Barco Dragón e no I Trofeo Concello de Outes. CAMPIONATO DE EUROPA SPRINT XUVENIL E SUB 23Tal e como se informou, dende onte xoves, tres padexeiros do Breogán do Grove están competindo en Belgrado (Serbia) neste campionato. David Barreiro faino no C-1 home sub 23 1.000 m., e Noel e Diego Domínguez no C-2 home sub 23 500 m.Dende Belgrado chegan moi boas novas, xa que os nosos tres representantes xa acadaron o seu pase as respectivas finais, onde loitaran por facerse con unha medalla.

II COPA DE ESPAÑA DE BARCO DRAGÓNO Complexo Deportivo David Cal de Verducido acolle esta sábado a II Copa de España de Barco Dragón na distancia de 500 m.O Breogán do Grove presenta un total de cinco barcos nesta proba: 1 femenino veterano, 1 open veterano, 2 mixto veterano e 1 open xuvenil.A base do equipo está formado polas “Centolas Dragón Team” as iniciadoras desta modalidade no Breogán, donde “Os Centolos” terán o seu estreo a nivel “oficial” e tamén teremos un equipo xuvenil, formado prácticamente por cadetes.@s incrit@s para esta regata son:-Mulleres veteranas: Yolanda Pallares, Mª Carmen Serantes, Mili Piñeiro, Sonia Noya, Mª Dolores Fuentes, Belén Alvarez, Uxía Pallares, Rut Otero, Fatima Barreiro, Mª Carmen Aguiño, Amelia Vidal, Marta Soutullo, Maite Galiñanes, Cristina Serantes, Lola Rodríguez e Leticia Figueiro.-Homes veteranos: Diego Cabaleiro, Lino Cacabelos, Arturo Garrido, Félix Lamas, Francisco Prieto, Rafael Radio, Javier Blanco, Antonio Devesa “Tolín”, Simón Díaz, Alfredo Garrido, Sami Grigore.-Equipo xuvenil: Antonio Silva, Alba Rey, Pepe López, Xian Gondar, Mateo Feijoo, David Domínguez, Carme Devesa, Alex Barreiro, Jairo Barral, Aleksandra Alforova e Aitor Garay.

I TROFEO CONCELLO DE OUTES.E a terceira fronte aberta dos nosos representantes estará en Outes, para participar no I Trofeo Concello de Outes.Alí teremos un equipo formado por catro dos deportistas, participando no K-1 muller senior: Tania Alvarez e Marta Mourelos e, no C-1 home senior estarán: Tono Campos e Diego Romero.#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122