A RFEP CONFIRMA A PRESENZA DE TONO, TANIA e DIEGO NO CAMPIONATO DE EUROPA DE MARATÓN

A Real Federación Española de Piragüismo enviou as convocatorias para os padexeiros que formaran con equipo español que participará no Campionato de Europa de Maratón. Neste equipo están presente tres padexeir@s do Breogán do Grove: Tono Campos, Tania Alvarez e Diego Romero.Despois da Copa de España de Maratón e o Control Selectivo disputados a pasada fin de semana en Mequinenza (Zaragoza), Tono, Tania e Diego acudirán ao Campionato de Europa en base os resultados obtidos e que a RFEP ven de confirmar.O Campionato de Europa de Maratón disputarase do 28 ó 31 de xullo en Silkeborg (Dinamarca), donde @s nosos deportistas competirán nas seguintes categorías:- Tania Alvarez:K-1 muller senior maratón curto.K-1 muller senior maratón.- Tono Campos:C-1 home senior maratón curto.C-1 home senior maratón.C-2 home senior maratón.- Diego Romero:C-1 home senior maratón curto.C-2 home senior maratón.#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122