MARTA MOURELOS CLASIFICOUSE PARA O CAMPIONATO DE EUROPA DE CAIAC DE MAR. OS PADEXEIROS DO BREOGÁN DO GROVE FIXERONSE CON TRES MEDALLAS NA III COPA DE ESPAÑA DE CAIAC DE MAR.

O sábado 2 de xullo, cinco padexeiros do Breogán do Grove participaron na III Copa de España de Caiac de Mar disputada en Vigo.Esta regata, ademáis de ser puntuable para a Liga Nacional de Caiac de Mar, tamén sirveu como control selectivo para as categorías xuvenil, sub 23 e senior, para acadar as prazas que dan dereito a participar no Campionato de Europa de Caiac de Mar, que se disputara do 12-19 de setembro en Cagliari-Cerdeña (Italia).Marta Mourelos acadou a segunda posición no SS1 muller Sub 23, que ademáis da Medalla de Prata, lle dou unha das prazas desta categoría para poder asistir ao Campionato de Europa.Os outros representantes do Breogán do Grove tamén tiveron unha actuación destacada, Diego Cabaleiro no K-1 tradicional veterano 35-44 facíase coa Medalla de Bronce.No K-1 tradicional veterano 55-74, Simón Díaz rematou na 4ª posición e Antonio Devesa “Tolín” acababa na 8ª posición.Mentras que David Leiro, na súa volta a competición, acadaba a Medalla de Ouro no SUP home senior.#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122