FIN DE SEMANA “MULTIACTIVO” PARA AS CENTOLAS

As componentes da “Centolas Dragón Team” disfrutaron dun fin de semana “multiactivo” onde estiveron por terra, mar e so lles faltou ir polo aire.Na tarde do sábado disfrutaron nas taboas de paleo a pé, taboa xigante e tamén se atreveron a probar en banana “caiac de iniciación”. Xa pola noite, disfrutaron dunha cea de camaradería, onde non pudo faltar a tarta das “Centolas”.E o domingo tocou madrugar para dirixirse a terras do Morrazo, para realizar a Ruta dos Faros de Cabo Home, donde fixeron esta longa e bonita andaina.#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122