@S PADEXEIR@S DO BREOGÁN DO GROVE ACADAN CINCO MEDALLAS NA SEGUNDA XORNADA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SPRINT OLÍMPICO

A segunda xornada do Campionato de España de Sprint Olímpico para xuvenís e seniors, no encoro de Santa Cruz de Trasona (Asturias), sirveu para que @s padexeir@s do Breogán do Grove se colgaran cinco medallas. Que sumadas as catro acadadas na xornada de onte, suman un total de nove preseas no que vai de Campionato de España.A primeira medalla do sábado chegou da man de Tania Alvarez e Marta Mourelos, que se colgaron Medalla de Bronce no K-2 muller senior 1.000 m.No C-2 home senior 1.000 m., os nosos padexeiros fixeronse con dúas preseas, Neol e Diego Domínguez proclamaronse Campións de España, mentras que Tono Campos e Diego Romero acadaron a Medalla de Bronce.Os nosos C-4 home senior fixeronse con dous títulos de Campións de España coas seguintes tirpulacións en cada distancia:- 1.000 m.: Tono Campos, Diego Romero, Noel Domínguez, David Barreiro.- 500 m.: Tono Campos, Diego Domínguez, Noel Domínguez, David Barreiro.Tamén estiveron en finais, pero sin chegar a medallas:- Tono Campos e David Barreiro, 6º posto no C-2 home senior 500 m.- Tania Alvarez e Marta Mourelos, 1º posto Final B, no K-2 muller senior 500 m.#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122